«Seguir trabajando de manera profesional en el Wisla Can Pack es lo mejor que me puede pasar, y encima hacerlo con José -Ignacio Hernández- hace que sea perfecto». Desta maneira celebraba onte desde Polonia Jordi Aragonés a sinatura da súa renovación por unha campaña máis co club do norte de Europa, ao que voltaba o pasado verán para abrir unha segunda etapa que promete ser tan ou máis exitosa que a que o preparador físico vilagarcián coprotagonizara co adestrador salmantino entre as tempadas 2009/10 e 2012/13. Daquela, cun subcampionato e dous títulos da Liga de Polonia, e unha Copa e unha Supercopa nas vitrinas do club, ademais da participación nunha Final a Catro e nunha Final a Oito da Euroliga.
O tándem José Ignacio-Jordi Aragonés, nacido no exercicio deportivo 2008/09 no Perfumerías Avenida cos subcampionatos da Liga Feminina e da Euroliga como prometedor arrinque de relato, vén de pechar o primeiro capítulo do segundo volume da súa obra no Wisla Can Pack de Cracovia co título da Liga de Polonia, hoxe por hoxe unha das seis máis importantes de Europa; e caendo nos cuartos de final da máxima competición continental de clubs co poderoso Fenerbahce turco.
«Tanto José Ignacio como yo nos encontramos muy unidos a este club. En mi caso aún más debido a que aquí formé la que ahora es mi familia en mi anterior etapa», remarcaba el que fuera preparador de A.D. Cortegada.
Aragonés explicaba que «los retos para la próxima temporada serán los de este año. El principal y más importante será volver a ser campeón de Liga, y si puede ser, hacer doblete con la Copa. Y en cuanto a la Euroliga, volver a ser lo más competitivos posible, y ver dónde podemos llegar».
lavozdegalicia.es









